Velaquí unha serie de imaxes da praia da Torre, en Taragoña, propiedade da web Turgalicia. Sorprende sobre todo a vista dende o aire e a lonxitude do areal, que hai anos estaba dividido en dous xa que onde hoxe está a torre de ladrillos, no seu día había unha fábrica de flotadores de batea.
O novo aspecto da pasarela sobre o río Te
22 DecComo sabedes, este verán uns vándalos queimaron parte da ponte de madeira que formaba parte do paseo marítimo e que unía O Pazo coa praia da Torre. Por ese motivo, dende aquela permanece pechada ao tránsito. Non obstante, dende Costas están xa a substituír a vella ponte de madeira por unha nova de aceiro. É dicir, que cambiará completamente a estética á que estabamos acostumados ata o de agora. Imos coñecer cando estará lista a nova ponte, o custo e tamén o aspecto que vai ter.
O duro traballo das mariscadoras
5 XanO día de fin de ano, non sei se o lembrade, pero choveron chuzos de punta, de tal xeito que aquilo parecía un temporal do vento e da auga que caía. O caso é, pasando polo coche á altura do Pazo, me sorprendeu que a pesares dese tempo as mariscadoras estivesen a traballar, xa que me parecían condicións moi malas.
Volvín coa cámara media hora despois, pero só tiven tempo de sacar dúas fotos cando medio recollían. Do vento que fixo, rompeume o paraugas, así que con isto xa volo digo todo.
Cheminea na praia da Torre
23 XanAínda lembro hai anos cando ía á praia da Torre e estaba a fábrica de flotadores de bateas no medio e medio do areal, cos seus bidóns, o seu poliester e os seus coches e camións de arriba para abaixo. Menos mal que a cousa cambiou e agora só queda isto como recordo dalquel tempo.
A ponte do paseo marítimo de Rianxo
8 SetCamiñando polo paseo marítimo de Rianxo, para unir a costa de Taragoña coa de Rianxo, hai unha bonita ponte de madeira pola que podemos chegar á praia da Torre. Coa marea baixa podemos ver centos de muxos aproveitando que o río Té está baixo. E coa marea alta podemos desfrutar da bonita desembocadura que une o Té coa ría de Arousa.