Quedo con Mari Carmen na sede do PSOE, para estarmos tranquilos e non ter o típico ruído de bar de fondo á hora de transcibir a gravación. Ela leva o fío da conversa. Comeza falándome do debate televisado, de que a xente lle comentou que non parecía unha política, senón alguén normal, pero que se sente orgullosa diso e que en persoa sabe que gaña. Tamén me fala de que estes últimos anos estivo apartada da vida política por unha enfermidade e da responsabilidade que ten agora como cabeza de lista. De feito, xa fóra das preguntas, comenta que en Rianxo sempre houbo unha rosa gobernando e quere que volva.