O sábado 16 de novembro, disputouse en Pontecesures o primeiro partido de liga dos prebenxamíns do Unión de Asados. Ás 13:15 do mediodía comezaba o encontro Cesures-Unión.
Nun partido entretido e non falto de polémica (expulsión do adestrador do Unión), o ambiente foi moi bo e os pequechos tanto do Cesures como os do Unión pasárono xenial e desfrutaron dunha xornada futbolística de moitísimo nivel, tendo en conta a curta idade que teñen estes cativos.
Na primeira parte do encontro, o claro dominante foi o equipo local, o cal xogaba coa vantaxe engadida de ter adestrador a pé de banquiño que os gobernase. Rematou este primeiro tempo cun resultado desfavorable ó Unión de 0-2.
Despois do descanso, os pequechos de Rianxo viñéronse arriba espectacularmente e acadaron un resultado final de empate a dous goles.
O mellor de todo o partido foi o bo ambiente reinante no campo, cunha parte predominante de seareiros do equipo local que a verdade, facían bastante máis ruido caos seareiros que se desprazaron dende Rianxo.
Deixamos aquí unhas pouquiñas fotos do que foi dando de si o partido.
Aquí o intre en que Cristian, adestrador do Unión, é expulsado do campo por unha lea co árbrito a consecuencia dunha falta a favor dos pequenos de Rianxo.
Agora a agardar o próximo partido, que se disputará no campo de Vilas.
Deixar unha resposta