Fotos da inauguración de Ruando Rianxo

15 Nov

ruandorianxo1

O pasado sábado 9 de novembro tivemos o grande orgullo de poder presentar no Auditorio a exposición de “Ruando Rianxo”. Moitos fostes os que nos acompañastes nese momento tan especial e tan emotivo para nós. Pero a maior satisfacción foi, sobre todo, poder ver as vosas caras, saber que gustou e que xa queredes Ruando Rianxo 2 🙂

IMG_7065

Ese día nós deixamos a cámara a un lado, así que lle agradecemos a Helena Villar Janeiro, a Carlos Abella e a Rebeca Losada que nos facilitaran o testemuño gráfico daquel momento.

ruandorianxo3 ruandorianxo4

Como vedes, aínda érades un bo feixe os que decidestes, a pesar do mal tempo e das horas complicadas, estar con nós no Auditorio.

ruandorianxo5

Os primeiros en falar, como non, foron o alcalde, Adolfo Muíños e a concelleira de cultura, Hadriana Ordóñez. A verdade é que foron palabras moi sentidas as que tiveron con nós. Eles apoiaron este proxecto dende o primeiro momento e só podemos ter palabras de agradecemento co Concello, por todo o que nos axudaron e pola liberdade que nos deron.

IMG_3220

Despois tocounos o turno a nós. Certamente, como dixemos, era imposible recompilar en fotografías toda a riqueza humana de Rianxo, pero tratamos de que xente se sentise representada e de facer unha pequena homenaxe a cada un dos nosos veciños. O maior activo e valor dun lugar son as súas xentes e Rianxo é moi rico en persoas. Na exposición están mesturados membros da Real Academia da Lingua, con escritores, artistas, arcebispos, mariñeiros, albaneis, persoas dependentes… Todos formamos parte de Rianxo e todos somos unha peza importante desa historia viva que se constrúe día a día.

IMG_3221 ruandorianxo6 ruandorianxo7

Para pechar o acto, grandes músicos deleitáronnos co seu talento. En primeiro lugar, puidemos desfrutar cos Rosales de Asados e con pezas escritas polo propio José Romero.

ruandorianxo8

IMG_3229

IMG_7076

Tamén tocaron Sabela Galbán e Antón Alcalde, músicos moi novos e que teñen un gran futuro por diante: ruandorianxo91 ruandorianxo92

IMG_7083Queremos agradecerlle a David e ao Toffe os estupendos pinchos que nos puxeron, para que todos os asistentes puidesen levar un bo recordo do acto tamén no estómago. Como dixen de broma durante o acto, agardaba que ninguén estivese por alí polos pinchos 🙂 Pero certamente, David, portácheste de 10!

inauguracion expo ruando rianxo 045

Unha resposta a “Fotos da inauguración de Ruando Rianxo”

  1. David 11/15/2013 ás 18:54 #

    Gracias a vos por ese traballo tan ben feito que ágora podemos ver todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: