Tag Archives: exposición fotográfica en Rianxo

Fotos da inauguración de Ruando Rianxo

15 Nov

ruandorianxo1

O pasado sábado 9 de novembro tivemos o grande orgullo de poder presentar no Auditorio a exposición de “Ruando Rianxo”. Moitos fostes os que nos acompañastes nese momento tan especial e tan emotivo para nós. Pero a maior satisfacción foi, sobre todo, poder ver as vosas caras, saber que gustou e que xa queredes Ruando Rianxo 2 🙂

Seguir lendo

Advertisements

Ruando Rianxo: do 9 de novembro ao 6 de decembro no Auditorio

31 Out

Ben, pois por fin chegou a data en que Ruando Rianxo se vai materializar en forma de exposición.

Foi un ano enteiro de fotos, entrevistas e anécdotas que xa vos fomos desvelando e que van seguir, coma sempre venres a venres a través deste blog que tantas persoas seguides e do que nos sentimos tan orgullosos.

En primeiro lugar dar as grazas ó Concello de Rianxo, o cal financia integramente o custo das impresións e enmarcado das obras da exposición, a Fernando Lavandeira, Adolfo Muíños e Hadriana Ordóñez por acoller tan gustosamente e con tanto entusiasmo este proxecto que comezou cunha idea e que ó final se converteu xa nun traballo que nos apaixona e nos da tantos intres de bo pasatempo, por suposto tamén dar as grazas ó amigo David Alcalde (Toffe), pola súa desinteresada colaboración. Dar tamén un millón de grazas a esa xente á cal lle roubamos algunha que outra mañá ou tarde para que nos contara parte da súa vida, algunha que outra anécdota e para que posara diante das nosas cámaras. Fixérono, abofé que si, sempre cun sorriso, abríndonos o seu fogar , sen miramentos e coa mellor das predisposicións. A tod@s el@s moitísimas grazas. Ruando Rianxo non sería posíbel sen a vosa axuda, sen as vosas pistas, sen os vosos consellos, sen as vosas recomendacións, xa que a maior parte das veces cada persoa nos poñía en relación con outra á que descoñeciamos, pero con grandes historias que contar.

Ruando Rianxo foi así materializándose e agora podemos dicir que é xa unha realidade, e esta realidade tradúcese nunha exposición que estará pendurada en primeiro lugar no Auditorio de Rianxo, dende o próximo 9 de novembro até o 6 de decembro. A inauguración terá lugar o sábado 9 ás 12:30 da mañá e asegurámovos que haberá sorpresas para os que alí estean acompañándonos.

Aquí vos deixamos xa, e recén saído do forno o cartaz que sairá á rua nos próximos dias. Agracerlle á deseñadora Mercedes López o seu fantástico traballo:

Image

Lembrarvos tamén que Ruando Rianxo non para aquí, e que, alomenos unha tempada máis voltaremos ás andadas. En Rianxo somos ricos en persoas e en historias, así que seguiremos a traballar nesta Historia Viva de Rianxo en Fotos.

Un pracer para nás e agardamos que vos guste o que vexades.

Unha aperta!

Óscar Reboiras Loureiro e Xoán Antón Castro Barreiro