Es de Asados ou do Araño e tes mala cobertura móbil dende hai unhas semanas? Entó é que tes o móbil con Vodafone ou con algún outro operador que vai pola súa redes, como móbilR ou Pepephone.
E a que se debe exactamente que empeorara a cobertura, tanto de voz como de datos? Pois ao incendio que hai unhas semanas afectou a parte do monte de Asados. Arriba de todo, moi preto da autovía, hai unha antena de Vodafone que viu como se queimaba parte do seu equipamento por culpa do lume.
Tamén ardeu todo o cableado que conecta o equipo coa estación de alimentación da propia antena.
Para tratar de mitigar o impacto, Vodafone puxo no lugar unha estación móbil. Pero a estación non é nin tan alta nin ten tantos equipos como a antena afectada. Entendemos que esta é unha medida de continxencia mentres non se se arranxe a antena principal pero, se conseguimos máis información, farémovola chegar.
Pois eu a verdade e que teño moitos problemas co meu pincho USB e coa conexión do meu móvil (ambos de R), e xa me imaxinei que esa antena puido ser a causante.
Pois a ver si volven funcionar rápido ao 100%.
Grazas por informar! 🙂