Corte ou casa?

3 Out

Aínda que parece mentira, isto non é unha corte ou un cortello, senón que era a vivenda de dúas persoas:

casachucho casachucho2

Grazas a Rabunho Rexeita descubrín que aquí vivía unha señora chamada Urbana e o seu fillo Chucho. No Araño coméntase que Urbana era unha persoa moi rica, que tiña moitos cartos (ata o punto de que incluso usaba billetes para acender os pitillos, aínda que como toda historia, pode ser inventada e máis propia dunha película). O caso é que tiña un gran problema: o alcol. Bebía moito. Ata tal punto era a súa dependencia que non facía máis que malvender as propiedades. Coméntase tamén que nunha aposta perdeu a súa fermosa casa nas Miráns e acabou xunto ao seu fillo nesta pequena vivenda que, como vedes, só ten unha porta e unha fiestra.

O caso é que o fillo, criado nese ambiente, tamén era unha persoa moi dependente do alcol e incluso podía ter algún problema psiquiátrico, pero era xente moi apreciada polos veciños. De feito, entre todos xuntáronse, reuniron material de construción e fixéronlle esta pequena vivenda nos Outeiriños:
casachucho3 casachucho4Coméntase que cando os veciños entraron na outra vivenda para a mudanza, dentro había excrementos, polo que as condicións nas que vivían non eran as máis adecuadas.

Eu teño que dicir que de Urbana non me acordo, pero de Chucho si. De feito, precisamente grazas a Rabunho Rexeita descubrín unha foto del, que chega a nós grazas ao traballo que comezaron Miguel Somoza Rodríguez e Suso Santos Rodríguez e que pode verse nesta páxina.

chucho

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: