Hoxe queremos compartir con vós estas marabillosas fotos antigas de Rianxo. Vímolas no Arquivo do Reino de Galicia. Alí contan que foron tomadas por Antonio Sánchez, alcumado “Tonecho” nos anos da década de 1960. É sorprendente como algunhas cousas case non cambiaron e outras parecen tan diferentes.
O Rianjo FC
2 SetSe hai algo que me escoce é ver ou escoitar por aí Rianjo en lugar de Rianxo, porque ademais de soar horrible, non llo escoitei a ninguén do noso concello na vida. Pero vese que hai anos, na escrita, con outro réxime, era habitual escribilo así. Mirade senón este documento gráfico cedido por Manolo Franco, no cal se ve ao Rianjo FC.
Corte ou casa?
3 OutAínda que parece mentira, isto non é unha corte ou un cortello, senón que era a vivenda de dúas persoas:
Grazas a Rabunho Rexeita descubrín que aquí vivía unha señora chamada Urbana e o seu fillo Chucho. No Araño coméntase que Urbana era unha persoa moi rica, que tiña moitos cartos (ata o punto de que incluso usaba billetes para acender os pitillos, aínda que como toda historia, pode ser inventada e máis propia dunha película). O caso é que tiña un gran problema: o alcol. Bebía moito. Ata tal punto era a súa dependencia que non facía máis que malvender as propiedades. Coméntase tamén que nunha aposta perdeu a súa fermosa casa nas Miráns e acabou xunto ao seu fillo nesta pequena vivenda que, como vedes, só ten unha porta e unha fiestra.
O caso é que o fillo, criado nese ambiente, tamén era unha persoa moi dependente do alcol e incluso podía ter algún problema psiquiátrico, pero era xente moi apreciada polos veciños. De feito, entre todos xuntáronse, reuniron material de construción e fixéronlle esta pequena vivenda nos Outeiriños:
Coméntase que cando os veciños entraron na outra vivenda para a mudanza, dentro había excrementos, polo que as condicións nas que vivían non eran as máis adecuadas.
Eu teño que dicir que de Urbana non me acordo, pero de Chucho si. De feito, precisamente grazas a Rabunho Rexeita descubrín unha foto del, que chega a nós grazas ao traballo que comezaron Miguel Somoza Rodríguez e Suso Santos Rodríguez e que pode verse nesta páxina.
Fotos antigas de Rianxo: reunións, festas, celebracións
2 SetDe novo, o noso agradecemento público a Rafael Caamaño, de Disteva, pola súa xenerosidade á hora de facernos chegar estas imaxes. Como vedes, hai fotografías antigas de Rianxo de xuntanzas entre amigos, actos sociais, vodas, do entroido…
Fotos antigas de Rianxo de procesións e actos relixiosos
20 AgoQueremos agradecer publicamente a Rafael Caamaño, de Disteva, por facernos chegar estas fabulosas fotografías antigas do noso Concello que son un gran documento histórico e social:
Fotos antigas de Rianxo
15 Mai
A Fonte do Campo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Barcos pescando en Rianxo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

A praia de Tanxil e o dique de Baltar. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Concello de Rianxo durante a ditadura franquista: Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Procesión da Guadalupe en Rianxo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Fachada marítima de Rianxo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

Homenaxe a José Carnero Valenzuela, antigo boticario de Rianxo. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/

A U.D. Rianjesa, sociedade futbolística creada en 1928. Fonte: http://rianxeiros.blogspot.com.es/
O cabalo, o pantalón curto e as pistolas
6 OutSempre era unha grande ocasión hai anos poder sacarse unha foto. Desta vez o meu tío Che, o seu curmán Moncho e o meu outro tío Jaime fan as veces de vaqueiros. Só faltaban os indios.