Fotos antigas de Rianxo: Setefogas, rúa de Abaixo, do Medio e Igrexa

1 Set

Hoxe queremos compartir con vós estas marabillosas fotos antigas de Rianxo. Vímolas no Arquivo do Reino de Galicia. Alí contan que foron tomadas por Antonio Sánchez, alcumado “Tonecho” nos anos da década de 1960. É sorprendente como algunhas cousas case non cambiaron e outras parecen tan diferentes.

A que máis me sorprende é a de Setefogas. A cantidade de embarcacións que hai ao seu arredor é brutal. Semella que tivese unha actividade constante, que os mariñeiros non parasen de ir e de vir. E agora, os barcos están na outra punta de Rianxo.

Outro lugar da vila que cambiou a súa fisonomía foi a rúa de Abaixo. Este soportal, tan coñecido noutras imaxes, desapareceu e, con el, un elemento que lle daba á rúa un aquel diferente e con maior feitizo:

A rúa do Medio é totalmente identificable, coa igrexa ao fondo. Non hai terrazas no medio, nin árbores pero, polo demais, está moi recoñecible:

E un lugar polo que semella non pasar o tempo é a praza da Igrexa ou de Rafael Dieste. Atrévome a dicir que só lle faltan os coches para estar igualiña que agora:

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: