O deporte base rianxeiro imparable

9 Mai

IMG_0285

Despois dos logros acadados pol@s padexeir@s de remo e piragüismo as pasadas semanas, onte pola tarde, no Campo Municipal de Vilas fíxoselle unha homenaxe ás categorias inferiores do clube, consistente nun corredor feito polos seniors do Unión e os do Carcacía, previo ó encontro que estes últimos desputaron.

IMG_0288

As categorías homenaxeadas foron os prebenxamíns, que aínda que non ascenden, quedaron de segundos na Copa de Consolación, iso si, sempre xogando os xustos e moitas veces cun xogador de menos a causa dalgunha baixa por enfermidade.

IMG_0295

Na categoría benxamín, celebrouse o ascenso a Primeira Autonómica

IMG_0298IMG_0299

E en cadetes, a categoría á que ascenden é a de Primeira Provincial grupo 6 de Santiago

IMG_0303IMG_0305IMG_0308

Rematado o corredor, as tres categorías fixéronse unha foto de grupo cos grandes do Unión

IMG_0318

Parabéns a est@s cativ@s que aseguran canteira en Rianxo, e tamén ó equipo adestrador e ó clube polo traballo feito.

Unha resposta a “O deporte base rianxeiro imparable”

  1. Nuria 05/28/2016 ás 09:56 #

    De entrada, só cabe dar a NORABOA OS CAMPIÓNS, pero non só os que acadaron algún resultado positivo, senón a todas as categorías.

    Parécenme ben estes detalles, pero cando se trata de clubes nos que hai un SENTIMENTO DE EQUIPO e unha relación entre categorías que, desgraciadamente no C.D. Unión non hai.

    Xa non vou a entrar na verdadeira razón ou razóns de porque nos prebenxamíns “xogaron sempre os xustos”, xa que estou dando unha opinión como aficionada do Unión non como nai.

    Como decía, son moi bonitas as imaxes que vexo. Pero tamén me gustaría ver esa cantidade de rapaces no campo vestidos co chandal do seu equipo o pasado 24 de abril, cando o equipo senior necesitaba todo o apoio que lle puderamos dar para o enfrendamento co Sofán, o cal era imprescindible gañar para poder xogar a fase de ascenso a preferente. Desgraciadamente, ese día o color vermello que se veu e se “escoitou” en Vilas foi o dos chandals dos rapaces, e non tan rapaces que encheron os dous autobuses para vir dende Carballo animar ó seu equipo…

    A meu modo de ver a situación é a seguinte:

    – Moitos pais/nais pásanse o ano criticando: as horas dos partidos, a roupa, o lugar donde se fai a comida de Nadal que se lle ofrece ós rapaces… Din abertamente que o clube menosprecia a categoría na que está o seu fillo. ___Que conste que eu non critico esto, xa que, se a un lle parece que os responsables do equipo están facendo cousas mal ou deixando de facer outras que se deberían facer, un ten dereito a dar a súa opinión e ACTUAR EN CONSECUENCIA. Ademáis se membros da directiva está vendo, escoitando e lendo estas queixas e non fai/non di/non actúa… (non hai moito maís que decir).

    – A maioría da xente non pisa o campo de Vilas en todo o ano (polo tanto xa non imos falar de desprazamentos) a non ser que sexa para ver os partidos da categoría na que xoga o seu fillo, ___Tampouco é un feito que vaia recibir a miña crítica. Non a todo o mundo lle gusta ou lle interesa o fútbol como para saber que tal van as outras categorías ou como quedaría o fin de semana o equipo senior. Pero esto o que ven a demostrar é o que decía ó principio de que aquí non hai un sentimento de equipo que transmitir ós rapaces. Esto pode gustar máis ou menos, pero é aceptable, sempre e cando se ACTÚE EN CONSECUENCIA.

    – Recibimos un whatsap de que o equipo senior vai facer un pasillo ós nosos rapaces, e entonces… todos corremos ó campo. ___ (¡¡¡¡!!!!) Repito: non hai moito máis que decir… o de actuar en consecuencia debe ser para outros…

    Non quero que esto se vexa como un apoio á directiva, que non o é (nin moito menos). Senón que o é ó C.D. Unión, tanto ó fútbol base (dende prebenxamíns ata xuvenís) como ós senior. Ó clube non lle fai ningún ben que nos miremos tanto o embigo.

    Moito temos que aprender dos rapaces, cando debería ser ó revés… así que só podo rematar como empecei… NORABOA OS CAMPIÓNS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: