Vertedura de augas da rede de sumidoiros ao río Te

24 Abr

Hai poucos días, en La Voz de Galicia publicábase que Rianxo é un dos concellos da contorna que ten unha maior rede de saneamento. Tal é así que só o 9% das vivendas non teñen acceso á rede de sumidoiros, fronte a concellos como Boiro ou A Pobra, que roldan o 15-16%.

O dato realmente é bo, porque se ve que a nosa localidade está bastante avanzada nesta cuestión en canto ao desenvolvemento dunha infraestrutura que lle permita recoller e depurar as augas fecais.

Agora ben, é importante analizar a capacidade da depuradora de Rianxo. Pode realmente procesar as augas de todas as vivendas de Rianxo? E das que actualmente están conectadas á rede a día de hoxe? A resposta é evidente: non.

Como exemplo podedes vero caso que se produce na miña aldea, no Batán. Non é a primeira vez que os veciños me indican que as augas (pluviais e fecais) da rede de sumidoiros da zona van directamente ao río Te. Nesta ocasión, levaban 15 días vertendo directamente ao caudal. Noutra vez, xa digo que incluso se avisou ao Seprona desta problemática.

Na ponte, como se pode ver no vídeo, hai unha pequena arqueta que ten unhas bombas que bombean a auga ata a depuradora de Rianxo. O caso é que cando chove moitísimo, como pasou estas últimas semanas, o sistema non é capaz de soportar toda esa auga. Así nolo confirmou o alcalde, Adolfo Muíños. Explica que é certo que “hai un exceso de caudal na rede que os bombeos non dan superado, funcionando ademais de continuo as 24 horas do día”.

Dende a Alcaldía comentan que “era a primeira noticia” do asunto, polo que solicitaron a Viaqua que “comprobasen o asunto e realizasen unha limpeza dos colectores, por se houbese atasco”. Así e todo, confirma que realmente non era isto, “senón o volume de auga que está a colapsar as redes de maneira non usual”.

Por último, Muíños, ante esta panorama, que semella que non ten resolución definitiva (aínda que si medidas paliativas) a curto prazo, indica que “forma parte a redución das infiltracións do plan de saneamento 2009_2015 da Xunta cunhas medidas. Mais ían despois en orde de prioridade doutras actuacións de saneamento por executar xa coñecidas: tanque tormentas, novo colector e ampliación Edar”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: