Onte, o CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo recibiu o Premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2016 na modalidade de Infantil e Primaria. É a terceira vez que o gaña, xa que se fixo co galardón tamén no 2012 e noutra edición anterior.
NO acto participaron o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde, Adolfo Muíños Sánchez, o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación e o director do centro educativo.
O secretario xeral de Política Lingüística deu os seus “parabéns de novo toda a comunidade educativa do CEIP Alfonso Daniel R. Castelao de Rianxo, que soubo traballar conxuntamente, en equipo, para sacar adiante o proxecto gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas e renderlle homenaxe a quen, como reflicte o título do seu traballo, mellor “soñou Galicia” para a xente miúda, á que lle dedicou e lle deixou un importante legado literario”.
As guías e os carteis podes descargalos aquí:
Velaquí o vídeo do evento, gravado por Canal Barbanza:
Fotos de Valentín García e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Parabéns a este centro modélico, do que coñezo persoalmente o traballo. Un orgullo para Rianxo e un marabilloso tributo ao seu epónimo.
Quero expresar os meus parabéns a Comunidade Educativa do Colexio “DANIEL ALFONSO RODRÍGUEZ CASTELAO por facerse merescentes desta distinción que dí moito da entrega amorosa dos profesores.
Eu cheguei destinado a Rianxo, oomo mestre no curso 70-71 no Grupo Escolar xunto coa miña muller. Alí fumos Mestres doce cursos. Participamos nas Competicións deportivas e xa no curso 72-73 competindo cos Centros finalistas de Coruña e Santiago no Estadio de Riazor na modalidade de atletismo que me foi encomendada. Outros compañeiros estaban entrenando os alumnos en baloncesto, balonmano e a min tamén me asignaron o voleibol. En todas estas modalidades deportivas quedamos moi satisfeitos. En atletismo clasificámonos para a final e competimos, como dixen con Colexios finalistas: Peleteiro, La Salle, Santa María del Mar en carreiras, saltos, lanzamentos de peso e disco Obtivemo varios primeiros premios, segundos y terceiros e batimos o record provincia de salto de altura. Xa daquela aqueles alumnos deron testemuña da súa valía.