Chega unha das festas máis divertidas do ano, o entroido. Ademais, faino cun tempo moi primaveral, polo que se agradece dobremente poder saír de festa e desfrutar disfrazado. Os primeiros choqueiros que vimos en Rianxo este ano foron os alumnos das escolas de Asados e de Rianxo, que desfilaron polas rúas xunto aos mestres. Velaquí algunhas das imaxes.
E aquí temos aos rapaces de Rianxo. Este ano o tema foi o cinema, de aí que puidesemos ver carteis de películas, piratas máis propios do Caribe que da Arousa ou superheroes de debuxos animados convertidos en carne e óso, monstros, cartas de Alicia no País das Marabillas e moitos outros personaxes saídos da sétima arte.
Deixar unha resposta