As nenas e os nenos de Rianxo viviron hoxe o comezo dunha xornada máxica. Os Reis Magos chegaron ata a vila para saudar aos centos de cativos que os agardaban nerviosos despois de portarse ben todo o ano.
Como non podían ser doutro xeito nun lugar mariñeiro coma o noso, tanto Melchor como Gaspar e Baltasar, chegaron pola ría en barco. No porto, a expectación era máxima. Os pequenos e non tan pequenos querían darlle a benvida ás súas Maxestades de Oriente.
Unha comitiva composta por cinco carrozas coloridas acolleu aos tres Reis Magos e comezou o seu percorrido por diferentes rúas de Rianxo.
As carrozas estaban cheos de motivos mariñeiros: cunchas, mexillóns, estrelas de mar, nécoras, peixes…
A primeira carroza, como non, era a estrela que guiaba os Reis Magos. Pero, despois dela, a que a seguía era un grupo musical de paxes que non deixaron de tocar durante toda a noite cancións propia destas datas.
Deixar unha resposta