Rianxo, recibe axudas da UE para instalar wifi en lugares públicos

9 Dec

O concello de Rianxo é un dos poucos concellos galegos (xunto con Oleiros, Toén, Cerdido e Salceda de Caselas) que van recibir axudas da primeira convocatoria de WiFi4EU (Wifi para Europa). Trátase dun programa comunitario que ofrece axudas de 15.000 euros para instalar puntos de wifi gratis en espazos públicos.

Dende a web da iniciativa WiFi4EU explican que buscan promover “o libre acceso dos cidadáns á conectividade wifi en espazos como parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde e museos de municipios de toda Europa”.

Así que en Rianxo imos contar con 15.000 euros para que os veciños poidamos acceder a unha rede wifi de forma gratuíta. O alcalde, Adolfo Muíños, xa nos confirmou que hai unha previsión de onde irán estes puntos de acceso a internet, que estarán en “espazos públicos en Rianxo e parroquias”.

Unha vez anunciada a subvención, o concello de Rianxo ten que asinar o acordo e seleccionar unha empresa para instalar os puntos wifi, que deberán estar funcionando alomenos tres anos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: