As nenas e os nenos de Rianxo viviron hoxe o comezo dunha xornada máxica. Os Reis Magos chegaron ata a vila para saudar aos centos de cativos que os agardaban nerviosos despois de portarse ben todo o ano.
Cabalgata de Reis en Rianxo 2018
6 XanAo final a chuvia non foi a esperada e a cabalgata de Reis polas rúas de Rianxo puido celebrarse tranquilamente.
Todo listo para a cabalgata de Reis en Rianxo
2 Xan
O día 5 de xaneiro, as súas Maxestades os Reis Magos pasarán por Rianxo para estaren cos nenos da nosa localidade antes de comezar co reparto dos regalos.
Precísanse figurantes para a belén vivente de Rianxo
2 XanEste ano a cabalgata de Reis, organizada polo Concello coa colaboración da Asociación Cabalar e as Juadalupeñas, precisa de figurantes para o belén vivente.
Veña, anímate e participa na actividade! Se estás interesado, podes pode dirixirte ás oficinas de Cultura, no Auditorio, ou ben avisar á Concellería de Cultura do Concello: cultura@concelloderianxo.es
De seguro que o pasas moi ben e coa túa axuda ducias de nenos rianxeiros (e non tan nenos) pasarán un día de Reis marabilloso.