Despois de moitos anos sen celebrar desfile de carrozas en Rianxo, neste antroido retomouse esta competición.
Participaron en concreto tres carrozas: dúas delas de Taragoña e unha de Leiro.
A verdade é que había moi bo ambiente na praza de Rianxo e moitas ganas de desfrutar deste fin de semana de bo tempo.
A participación non foi demasiado alta, pero así todos contentos, xa que había tres premios. De feito, o día anterior participaran cinco carrozas en Taragoña. A competencia de Boiro fíxose notar, ben é certo.
Ademais das bailarinas do Moulin Rouge, tamén tivemos a todo o elenco do Señor dos Aneis e aos romanos de Leiro.
Deixar unha resposta