O pasado sábado 5 de abril, puidemos asistir ós XXIII Premios Irmandade do Libro, entregados pola Federación de Librarías de Galicia no Auditorio de Rianxo.
Antes da entrega de premios, puidemos desfrutar da actuación de Barahunda:
Ademais da actuación musical, a actriz Isabel Risco realizou un monólogo que nos fixo rir un cacho @s alí presentes.
Despois das actuacións, a Presidenta da Federación, Pilar Rodríguez Álvarez deu paso ó acto en si.
Aquí deixamos a relación e as fotos d@s premiad@s da noite:
Na modalidade de fomento da lectura, o premio foi para as Bibliotecas Municipais de Redondela. Entregou o premio Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.
Na categoría de Obra Editorial, o premio foi para a Colección “Cociña Infantil e Familiar“, da editorial Ouvirmos. Entregou o premio Xosé Antón Pedreira Mirás, Vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia.
En Centros de Ensino, o premiado foi o CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal (Pontevedra). Entregou o premio Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Na categoría de Libro infantil e xuvenil ano 2013, o premio foi para a “Triloxía Ámote Leo” de Rosa Aneiros, publicada por Edicións Xerais de Galicia. O premio foi entregado por Francisco Negro Fernández, tesoureiro da Federación de Librarías de Galicia.
En canto ao Libro do ano 2013, o galardón foi para “Ulises” de James Joyce, traducido e publicado por Editorial Galaxia. A entrega correu a cargo de Hadriana Ordóñez Outeiro, Concelleira de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do concello de Rianxo.
En canto a premio de Autor/a, recaeu en Chus Pato. O galardou foi entregado por Anxo Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Cultura.
Por último, o premio á mellor Libraría foi para a Ramón Cabanillas de Cambados. Pilar Rodríguez Álvarez, presidenta da Federación de Librarías de Galicia, entregou o galardón.
Unha vez entregados os premios, tocoulle abrir a Adolfo Muíños e a Xesús Vazquez o turno das intervencións.
Xa rematado o acto, @s premiad@s subíronse ó escenario coas súas estatuíñas, acompañad@s polas autoridades que llas entregaron.
Deixar unha resposta