Malestar en Asados por un cartel

11 Abr
cartel2013

Cartel do evento do ano pasado

Por segundo ano consecutivo, a Comisión de Festas da Romaría de San Pedro de Vilas, organiza un partido de solteiras contra casadas e outro de solteiros contra casados. A idea é darlle publicidade, e anunciar o evento de forma simpática e divertida, para que teña a maior repercusión posible e acuda moita xente. Non obstante, o cartel deste ano non gustou a algunhas nais do colexio de Asados.

Como digo, realmente trátase de dous partidos de fútbol. Así que o acto en si non ten nada malo. É máis, serve para recadar cartos para a romaría que se fai xunto á capela de San Pedro de Vilas. Como explican dende a propia organización, por un lado pídense cartos aos veciños, de casa en casa. Con iso  pódese pagar a romaría en si: o coro da igresa, o cura, a mexilloada, os gaiteiros, o viño gratis,…

Pero como lles parece “inxusto” que os veciños paguen tamén polos concertos de rock da noite, cando maioritariamente se quedan mozos, o que fan é intentar xuntar cartos doutros lados. Dese xeito, “facemos algo no antroido, cos dos Antrospinos” e realizan tamén “o partido de solteiras contra casadas e de solteiros contra casados”. O cartel deste último evento é o que molestou a algunhas nais. O certo é que se xoga coa tipografía, para que a xente se pare a velo. É algo simpático, como o do ano pasado, para que a xente fale del e acuda a ver os partidos. Xógase co subconsciente, de forma enxeñosa, pero se te paras a ler, está clara a mensaxe:

cartel2014

Cartel da polémica

Así e todo, polo que sabemos, algunhas nais de nenos e nenas da foron protestar á dirección do colexio de Asados, pedindo incluso que se prohibise o evento. Dende a Comisión de Festas da Romaría de San Pedro, non queren en ningún caso crear malestar ou polémicas, xa que a súa idea era facer algo no que a xente se parase e que se lese. Ao final, con tantos carteis, mensaxes e demais xa nin lemos. Así que esta era unha forma de darlle publicidade, pero sen pretensión de ferir sensibilidades.

Deste xeito, dende a Comisión explican que van “facer unha rectificación do cartel e pegalo por enriba do actual”, ao tempo que escribirán “unha carta de explicación e desculpas aos afectados no colexio”.

Espero que se entenda cal era a súa idea. No cartel xógase coa tipografía da letra, para que se vexa en grande “SEXO GRATIS”, pero realmente a mensaxe non é esa, senón que se fala dun partido de solteir@s contra casad@s na escola de Asados. Non ten nada malo e a palabra sexo equivale neste caso á condición das persoas: home ou muller. Agardemos que a dirección da escola de Asados e as nais entendan o acontecido e acepten as desculpas, xa que o fin é bo e para xuntar cartos nunha festa (traballo duro e pouco agradecido), ás veces hai que recorrer a cousas diferentes (pero sas ao fin e ao cabo).

Para rematar, vou colgar aquí outros carteis que van nesta liña, para que se vexa que xa outros tiraron desta idea. E que serve sobre todo para os negocios. Co tema da crise, hai que buscar clientes e conseguir que a xente se pare:

Cartel nun taller de coches. Fonte: http://ir.gl/b4825f

Nestoutro caso, a letra pequena é minúscula, pero trátase dunha empresa que realiza webs para empresas:

Unha tenda de complementos, nunha das súas ofertas na compra de bolsos, tamén tirou desta idea:

Fonte: ir.gl/844f03

2 Respostas a “Malestar en Asados por un cartel”

  1. Anónimo 04/15/2014 ás 22:34 #

    Estou convencido de que a comisión non obrou de mala fe, pero o fin non xustifica os medios. O cartel non solo di SEXO GRATIS…. di SEXO GRATIS NO COLEXIO DE ASADOS e ese foi o gran error da comisión. Eses carteles que poñedes como exemplo foron a maneira de anunciarse que eligeu unha empresa privada sen involucrar a ninguén máis. Sin embargo, este de asados está involucrando a un centro educativo. O cartel estaría xenial se o festexo se sitúa no campo de futbol de vilas, na santa lucia, no cruceiro, na praia da torre, das cunchas ou… na luna!! Nunca mencionando un colegio!!!!

Trackbacks/Pingbacks

  1. Datos do blog no 2014 | Fotos de Rianxo - 01/01/2015

    […] de Rianxo (2.029 visitas) 2. Fotos das festas da Guadalupe 2014: o chupitaso (1.736 visitas) 3. Malestar en Asados por un cartel (1.623 visitas) 4. Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o feirón mariñeiro (1.615 […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: