Onte pola noite poidemos asistir á estrea de, “Celtas sen Filtro”. Trátase dunha obra de Méndez Ferrín representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas. Terá dúas representacións no Auditorio de Rianxo, unha foi venres 14 e outra será o venres 21 de novembro.
A obra está recomendada para maiores de 12 anos. As entradas teñen un custe de 2€ e poden adquirirse de forma anticipada na perruquería Chuchamel (Asados), Estanco Xacobiño (Asados), Cafetería Castelao (Rianxo), Bar Berberecho (Rianxo) e no Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio de cada representación)
O auditorio encheuse de xente desexosa de poder ollar de novo a estes talentos do escenario e, a verdade non defraudaron, pois a obra foi moi entretida dende o principio ó fin.
Aquí vos deixamos unhas cantas fotos da explosiva historia na que se mestura a vida dun peregrino polaco coa de xornalistas, políticos corruptos, yonkis, arcebispos interesados, vendedores de nichos, manifestantes varios, palilleiras, pintores (de parede), fotógrafas, entrevistadoras do Instituto de Estudos Galegos Troncoso de Castro, enxeñeiros, taberneiras, bebedores de cunca…
Así que, xa sabedes, se non poidéchedes ir onte ou aínda non tedes as entradas para o venres que vén, bulide pois a obra paga moito a pena.
A Airiños somentes nos queda felicitalos por facérnolo pasar tan ben e desexarlles coma sempre, MOITA MERDA!!!
Deixar unha resposta