A que lle chaman “rianxo” en Ourense?

16 Nov

Faro de Vigo. Foto de Jesús Regal

Para nós Rianxo é o noso concello. A terra de grandes escritores, de bos músicos, de mellor xente, de grandes produtos do mar e da terra… Pero en Ourense, a palabra “rianxo” ten o seu propio significado.

A través da prensa, sobre todo dos xornais La Región, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, fun vendo varios titulares que contiñan a palabra que dá nome á nosa localidade:

Vamos, que se trata dunha palabra habitual na cidade das Burgas, xa que o recollen diferentes medios. Non obstante, buscando no dicionario da Real Academia da Lingua Galega non atopamos ningunha definición como tal. É dicir, que non existe un uso formal e recollido na nosa lingua da palabra “rianxo”.

Pero que non unha palabra non estea recollida por un dicionario, non quere dicir que non se use. E vaia se se usa en Ourense. Pero volvendo ao título deste post: cal é o seu significado?

Como vedes, trátase dunha palabra relacionada directamente coa praza de abastos do lugar. E vén a ter o significado de “venda de proximidade de produtos frescos”. De feito, é a zona cuberta no exterior da praza, tipo tenderete, na que se realiza unha venda directa de produtos da horta.

La Región de Ourense

Cal é a súa orixe? A verdade é que non o sei. Ocurríuseme pensar que talvez se tratase de algo relacionado co noso concello. Xa que en Ourense non hai mar, pois o peixe chegaba de Rianxo e a venda dese produto na praza de abastos levaba o nome da localidade de orixe. Pero xa vedes que ten que ver con produtos da horta, polo que a explicación non ten moita lóxica nin me consta que as capturas de peixe da zona chegasen ata Ourense. Así que para min segue a ser un misterio.

O caso é que si ten que ver con produtos tradicionais, de toda a vida e da casa. Velaquí unha campaña institucional apoiando o “rianxo”:

Advertisement

3 Respostas a “A que lle chaman “rianxo” en Ourense?”

  1. Xose 11/17/2014 ás 22:18 #

    Rianxo non virá de “Ría do Anxo”?

    • fotosderianxo 11/18/2014 ás 08:16 #

      Xosé, esa é unha das orixes que se manexan para falar da nosa vila.

      Pero neste caso estamos a falar dunha palabra que se emprega para falar da venda de produtos frescos, da horta, nun mercado. Polo que aí o de “Ría do Anxo” non tería moito sentido.

      Un saúdo!

  2. José 05/21/2022 ás 23:30 #

    Rianxo, levo escoitado toda vida son os productos agrícolas do cedo que solo se dan nás ribeirás, todos sabemos que na provincia de Ourense existe a ribeira a montaña e o Val, pois nas ribeiras e onde se dan os primeiros frutos agrícolas. Verduras, patatas novas, ect…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: