Abrir Rianxo ao mundo

11 Xuñ

Este curso escolar, o centro CEIP ADR Castelao de Rianxo comezou a traballar coa metodoloxía de tratamento integrado das Linguas (TIL) no que participa todo o profesorado e os equipos do centro, a Biblioteca Escolar, o EDLG…  Para comezar esta andaina, decidiuse que os nenos e nenas coñeceran a súa contorna máis próxima, Rianxo. 

Baixo o lema “Abrir Rianxo ao mundo”, cada aula ou nivel elaborou distintos materiais relacionados con esta temática que podedes ver no Auditorio Municipal ata o 21 de xuño.

Hai materiais moi diversos: carteis con información sobre as parroquias, lendas, traballos de investigación, materiais elaborados cunha impresora 3D, xogos de preguntas, taboleiro para usar os “escornabots” (robots), libros de poesía, de contos, un video-roteiro…  

Para inaugurar a exposición, o pasado venres 8 de xuño o alumnado de sexto de primaria representoulles ao resto dos compañeiros Os vellos non deben de namorarse de Castelao.

IMG_20180608_182002IMG_20180608_182014IMG_20180608_182039IMG_20180608_182050IMG_20180608_182127IMG_20180608_182138IMG_20180608_182203IMG_20180608_182214IMG_20180608_182301IMG_20180608_182310IMG_20180608_182318IMG_20180608_182330IMG_20180608_182340IMG_20180608_182352IMG_20180608_182413IMG_20180608_182431IMG_20180608_182443IMG_20180608_182507IMG_20180608_182519IMG_20180608_182614IMG_20180608_182635IMG_20180608_182649IMG_20180608_182715IMG_20180608_182801IMG_20180608_182809IMG_20180608_182850IMG_20180608_182936IMG_20180608_183444IMG_20180608_183451

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: