De seguro que moitos respondedes rapidamente á pregunta. Que canto choveu? Pois un montón. Non parou de chover no que vai de ano e iso que a finais de 2017 estabamos con sequía. En todo caso, esta publicación intentará responder a cantos litros de auga choveu fisicamente en Rianxo nestes tres primeiros meses de 2018.
Para iso, botaremos man dos datos obtidos polas estacións metereolóxicas de Meteogalicia (organismo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio Xunta de Galicia que ten por obxectivo realizar a predición metereolóxica da nosa comunidade).
Non hai estacións rexistradas en Rianxo como tal, pero hai unha no Pico Muralla (xa sería entrar noutro debate se o lugar pertence a Rianxou ou a Lousame) e outra en Cespón. Como se trata de lugares que limitan co noso concello, un no monte e outro na costa, poderemos coñecer con bastante exactitude as precipitacións rexistradas.
Comezamos polos datos recollidos en Cespón:
Como podemos apreciar, o mes máis chuvioso sen dúbida foi o de marzo con algo máis de 400 litros por metro cadrado. A continuación están os rexistros de febreiro, cuns 300 litros por metro cadrado e, por último, o mes de xaneiro cuns 275 litros.
En total, na zona de costa caeron nestre primeiro trimestre 975 litros por metro cadrado.
É moito ou é pouco? O que si sabemos é que é máis que hai un ano, xa que no mesmo período de 2017 se recollían 745 litros por metro cadrado. É dicir, é como se chovera un mes enteiro menos.
Vexamos se o comportamento foi igual na zona montañosa, segundo os datos do Pico Muralla:
De novo vemos que o mes máis chuvioso volveu ser marzo, con máis de 500 litros por metro cadrado. A continuación temos tamén xaneiro, cuns 400 e, por último, febreito con preto de 350 litros.
Vemos que realmente choveu moito máis no interior, na zona montañosa, acumulando unha chuvia total de 1.250 litros por metro cadrado, é dicir, máis dun 20% máis de precipitacións que na costa.
No mesmo período do ano pasado, esta estación meteorolóxica recolleu 930 litros por metro cadradro (230 en xaneiro, 400 en febreiro e 300 en marzo). Vamos, que si que choveu máis que no 2017.
Deixar unha resposta