Festas do Carme de Rianxo 2018

9 Xul

No verá non poden faltar as festas na nosa vila. E unha das máis agardadas é a da Virxe do Carme. Do venres 13 de xullo ao luns, día 16 de xullo, celebrarase en Rianxo esta festividade con moitas orquestras e actividades.

O punto de partida das festas do Carme de Rianxo será o venres 13, coa actuación e Tango e Saudade. Ese mesmo día, así como durante toda a fin de semana, terá lugar no paseo da Ribeira un mercado celta.

O sábado pola mañá terá lugar a tradicional procesión de coches na honra de San Cristobo. Pola tarde actuará no Campo de Arriba o pallaso Peter Punk. E pola noite teremos en Rianxo o palco de música máis grande de Europa (27 metros de longo e 11 de alto), da orquestra Kubo. Tamén tocará o grupo D’Líder.

O domingo, a Banda de Música de Boiro dará un concerto na praza de Rafael Dieste ás 13.00h. Pola noite, Finisterre e Maquinaria Band farán que bailemos e cantemos.

A cousa non quedará así, porque o luns, o grupo De Vacas actuará ás 22.30h na praza de Rafael Dieste. Pola mañá, haberá festa da escuma, inchables e actividades para os máis pequenos. Non faltará a sesión vermú, co grupo Charada. E, ás 19.00h, a tradicional procesión marítima coa ofrenda floral a todos os mariñeiros falecidos no mar.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: