O domingo 1 de outubro tivo lugar a I Andaina de 25 km do Barbanza, organizada por Barbanza Vintedouspes, coa colaboración do Concello de Rianxo. Apuntáronse preto de 200 deportistas a esta cita deportiva que partía dende Campo Maneiro, en Taragoña.
Ás 9 da mañá, con algo de néboa e de orballo, e as pernas aínda frescas, participantes de todas as idades comezaron a andaina polos montes de Rianxo. A pesar da ruta, non faltaron as risas e o bo ánimo durante a xornada. Máis aínda se polo medio hai avituallamentos.
Aínda que o resultado era o de menos e o importante era participar e desfrutar dunha estupenda ruta en compañía ou cun mesmo, os seis primeiros clasificados en regularidade foron:
1. Víctor Almeida Domínguez: 97,03 puntos
2. José González Cambeiro: 96,70 puntos
3. Roberto Lorenzo Garrido 96,42 puntos
4. Abelardo Iglesias Romero 96,04 puntos
5. Catalina Ortigueira García 93,54 puntos
6. Inés Hermo Romero: 93,53 puntos
Por certo, temos máis imaxes que podes localizar aquí:
Deixar unha resposta