Exposición “Hai arte nas casas” de Ondiñas Mainas

5 Out

O colectivo artesán Ondiñas Mainas realizou hai pouco unha exposición no Cuartel Vello, que agora recollemos aquí.

A exposición titúlase “Hai Arte Nas Casas”. E a idea era que se tiñas na casa algunha labor que fixestes ti, túa nai, túa avoa ou túa bisavoa, formara parte desta mostra.

O evento tivo lugar na segunda quincena de agosto, tratando de sacar a arte dos ropeiros e foi todo un éxito. Pepa Martínez de Ondiñas Mainas explícanos que “case 700 persoas pasaron a visitala”.

Aproveitaron ademais a ocasión para presentar a asociación Ondiñas Mainas “que trata de poñer en valor os traballos artesanais mal chamados “manualidades” de forma pexorativa”. E coméntanos que están “ofrecendo obradoiros de costura, bordado, calceta, fieltro, goma eva, bolillos, coser redes, cestaría…”, polo que se estades interesados só tedes que contactar na súa páxina do Facebook.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: