Fotos da XVIII Subida Castro Barbudo

7 Ago

BTTCastroBarbubo2017 018

Un ano máis a Peña Cicloturista Castro Barbudo celebrou a súa proba máis veterana, que chegaba á maioría de idade. Desta vez chegou con novidades, xa que en lugar do sábado á tarde se desenvolveu durante a mañá do domingo. Ademais, había dúas categorías, a habitual marcha cicloturista, duns 31 quilómetros, e unha ruta de 62 kilómetros, puntuable para o Open De Galicia Xcm.

BTTCastroBarbubo2017 071

Tomaron a saída preto de 175 participantes, cun nivel moi alto. E mentres os “rapidillos” tomaban os primeiros postos da saída, por atrás non faltaban as ganas de pasalo ben e desfrutar da xornada.

BTTCastroBarbubo2017 041

BTTCastroBarbubo2017 029

BTTCastroBarbubo2017 026

BTTCastroBarbubo2017 085

BTTCastroBarbubo2017 023

Ás 9 da mañá tivo lugar a saída dende Campo de Pazos. O primeiro quilómetro estaba neutralizado, entres todos chegaban por estrada ata Campo Maneiro. Alí deuse formalmente a saída. Quedaba por diante moito monte, con treitos moi duros, tramos moi desfeitos e zonas para desfrutar da bici.

BTTCastroBarbubo2017 222

Algún dos momentos máis espectalares puidemos velo onde, tras unha dura subida, os participantes puideron arrearlle gas, tirando de freo á altura da estrada:

BTTCastroBarbubo2017 808

BTTCastroBarbubo2017 586-2

BTTCastroBarbubo2017 618-3

O máis rápido foi Javier Bustos, do Extol-La Gramola Team, cunha velocidade media de 20,88km/h. Case medio minutos despois aparecía Brandán Márquez, do Non-Stop Club Ciclista. O podio masculino completábao Alejandro Trasbach, que entraba un minuto despois do primeiro, en total rodando 3:22:05h.

Nas mulleres dominou Teresa Barreira, do Castropol Deporte, seguida de Lara Lois do Prorebordosa e de Isabel Picoaga do 7 Voltas.

Álbumes de fotos:

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: