O sábado 2 de setembro tivo lugar o I Tríatlon Concello de Rianxo. Trátase dunha proba onde os deportistas que compiten combinan natación, ciclismo e carreira a pé.
A Concellería de Deportes de Rianxo organizou esta proba por primeira vez na nosa localidade e os participantes salientaron precisamente o bo traballo realizado.
Hai que lembrar precisamente que dende a Concellería se promoveu a creación da Escola de Tríatlon, con tres niveis: infantil, júnior e sénior.
Como se pode ver nas imaxes, trátase dunha proba moi esixente que require non só dun estado de forma moi alto, senón tamén dunha gran concentración.
A proba ciclista tivo lugar dende Rianxo ata a vila de Brión, en Leiro.
Como se pode ver nas fotos, a expectación foi máxima durante o percorrido. Os veciños estiveron atentos e animando durante toda a proba.
Deixar unha resposta