Presentación das Crónicas de Bran en Rianxo

15 Abr

IMG_0077 copia

O pasado venres 11 de abril, tivemos a oportunidade de asistir á presentación d’As Crónicas de Bran, de Xosé Duncan, autor de Taragoña. De feito, o acto livo lugar na biblioteca do Brea Segade de Taragoña, e alí o novelista estivo acompañado polo dúo musical Barahunda, e polo mestre e musicólogo Jose Luís Pico Orjais que nos ofreceron un mini concerto @s alí asistentes.

IMG_0016 IMG_0031 copia

Despois, xa metidos en materia, Xosé Duncan, afanouse en desgranar as pautas máis importantes d’As Crónicas Bran, do cal presenta o seu segundo volume, A porta de Annwn.  Así mesmo, tamén nos ofreceu pistas do que será o terceiro libro da saga, que moi pronto estará xa nas librarías do país.

IMG_0060 copia IMG_0063 copia IMG_0070 copia

Cabe destacar que a través destes dous libros xa editados, poderemos introducir @s nos@s cativos no mundo da literatura fantástica, dun xeito ameno, achegado e como non, en galego. Velaquí tendes unha recensión moi interesante do libro,

Para rematar a presentación, o autor pasou ao “momento bolígrafo”, dedicando os libros a quen os tivera alí neses intres.

IMG_0081 copia IMG_0095 copia

Deixámovos tamén o enlace á biblioteca do Brea Segade, que nos parece ben interesante o traballo que se está a desenvolver dende este centro educativo: www.blogoteca.com/bbs

 

 

 

 

 

Unha resposta a “Presentación das Crónicas de Bran en Rianxo”

Trackbacks/Pingbacks

  1. | As Crónicas de Bran - 04/15/2014

    […] «Reportaxe gráfica en ‘Fotos de Rianxo’» […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: