O hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo e o máis equilibrado de Galicia tu

10 Abr

reitoral (1)

Aínda que o máis coñecido é o hórreo do Araño, en Rianxo tamén temos outras grandes graneiras. Así, no terceiro posto a nivel local estaría o da reitoral de Isorna, que conta con 24,50 metros de longo, por 1,72 metros de ancho.

Puidemos visitalo este pasado Nadal grazas ao arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto, que nos brindou a oportunidade de coñecer un monumento único no noso concello. Queremos agradecer tamén a José, que leva décadas a traballar na parroquia de Isorna e coñece como ninguén a igrexa, o hórreo e as súas historias.

reitoral (3)

Comentar que, segundo os cálculos do arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto, que ademais é o responsable da Área de Rehabilitación Integral de Rianxo (ARI), esta graneira estaría de 13ª entre as máis grandes do mundo, cos seus 24,5 metros.

reitoral (85)

Como dato curioso, este hórreo, ademais, foi portada do libro O hórreo en Galicia, do escritor e antropólogo galego Xesús Antonio Gulías Lamas. Nunhas xornadas sobre arquitectura que houbo en Rianxo, mesmo chegou a indicar que “O hórreo da Reitoral de Isorna é o máis equilibrado de Galiza”.

Velaquí a portada e a contraportada do libro en cuestión, editado no seu día por Ir Indo:

8158x4kh0rL81RnwLUAUDL

Outro día sacaremos un post sobre a reitoral de Isorna, pero hoxe queríamos dedicar esta publicación única e exclusivamente ao hórreo, xa que cremos que merece unha atención especial e moitos veciños non coñecen a súa existencia.

reitoral (4)reitoral (5)
reitoral (7)

Velaquí unha marca de canteiro sobre a pedra, seguramente para saber que traballo se fixo e despois cobralo. reitoral (9)
reitoral (18)
E aqui tedes o interior, no que queda algún que outro carozo e se observa que a estrutura do tellado é recente: 
reitoral (21)reitoral (22)
reitoral (24)

E aquí unha máquina para debullar, como se facía antigamente, á man, e espiga a espiga, sentados nun banco: reitoral (25)reitoral (46)

Ao lado do hórreo existe un erguedoiro. É unha estrutura de pedra, elevada, na que se mallaba o centeo. Ao estar máis alto, o vento levaba facilmente o que sobraba: 

reitoral (49)reitoral (50)reitoral (51)reitoral (84)

reitoral (93)reitoral (94)

Advertisement

Unha resposta a “O hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo e o máis equilibrado de Galicia tu”

Trackbacks/Pingbacks

  1. Fotos da reitorial de Isorna | Fotos de Rianxo - 07/17/2016

    […] un tempo publicamos por aquí imaxes do hórreo de Isorna, o terceiro máis grande de Rianxo. Pois ben, hoxe queremos colgar as imaxes do resto do conxunto […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: