Aínda que o máis coñecido é o hórreo do Araño, en Rianxo tamén temos outras grandes graneiras. Así, no terceiro posto a nivel local estaría o da reitoral de Isorna, que conta con 24,50 metros de longo, por 1,72 metros de ancho.
O Campo das Graneiras de Meiquiz (Leiro)
23 NovNa aldea de Meiquiz, en Leiro, podemos atopar unha zona de gran concentración de hórreos. É unha especie de eira na que hai localizados un total de oito graneiras.
Por que non se sabe que o hórreo máis longo do mundo é o do Araño?
4 AgoComo na parroquia do Araño se están a celebrar as festas e o elemento máis emblemático da parroquia é o hórreo, hoxe quixen lanzar unha reflexión: por que en toda Galicia se segue a dicir que a graneira máis longa do mundo é a de Carnota? Por que o hórreo do Araño é un gran descoñecido fóra do noso Concello? Por que non lle sabemos sacar todo o potencial que ten?
A historia do gato que mira o mundo dende o alto dun hórreo
3 AgoNa aldea de Brión, en Leiro, hai un gato que leva décadas mirando a vida dende o alto dun hórreo. É un gato inmóvil, paciente e coa mirada fixa. Un gato de pedra. Os camiñantes que pasen polo lado, de seguro que se preguntan que fai un micho alí arriba nesa graneira, onde máis ben debería ir unha cruz ou outro tipo de adorno. Pois aquí temos a resposta.
O hórreo máis grande do mundo
17 OutAínda que moita xente pensa que o hórreo máis grande de Galicia e, polo tanto, do mundo, está en Carnota, realmente está en Rianxo, na parroquia do Araño. Mide 37,05 metros, fronte aos 36,53 m. do de Lira e aos 34,74 m. do de Carnota.