A historia do gato que mira o mundo dende o alto dun hórreo

3 Ago

Na aldea de Brión, en Leiro, hai un gato que leva décadas mirando a vida dende o alto dun hórreo. É un gato inmóvil, paciente e coa mirada fixa. Un gato de pedra. Os camiñantes que pasen polo lado, de seguro que se preguntan que fai un micho alí arriba nesa graneira, onde máis ben debería ir unha cruz ou outro tipo de adorno. Pois aquí temos a resposta.

gato1

Hai pouco falei cun coñecido meu de Boiro, que no seu día foi o encargado de facer o catastro de Rianxo. E contoume precisamente iso, que cando foi pola aldea de Brión lle fixo moita graza o detalle do gato, porque nunca vira algo semellante. Así que aproveitando o seu traballo lle preguntou aos da casa como se lles ocorrira a idea.

gato2

A que respondeu foi a filla do dono, quen lle explicou que dende sempre o seu pai e o veciño se levaban mal. Cousas dos galegos, que sempre nos imos enemistar cos do lado. O caso é que o veciño é coñecido co alcume do Mico. E cando o pai levantou o hórreo, para facelo rabiar, puxo un gato enriba mirando para a vivenda do Mico 🙂

Curiosa historia, non si?

gato3

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: