Na aldea de Meiquiz, en Leiro, podemos atopar unha zona de gran concentración de hórreos. É unha especie de eira na que hai localizados un total de oito graneiras.
Segundo a web do Concello de Rianxo, é unha das maiores concentracións de hórreos de Galicia. E, curiosamente, de seguro que moi pouca xente de aquí o sabe.
Nós estivemos a falar cun veciño do sitio e comentaba que a eira onde están os hórreos constituía un lugar de encontro, unha zona común para a aldea. Aquí facíase a malla, xogaban os nenos e mesmo se facía festa.
Hoxe en día é un sitio propiedade de particulares, onde cada hórreo ten o seu propietario. De feito, podemos ver como algún hórreo se arranxou con materiais non precisamente estéticos nin adecuados para o tipo de construción:
Outros si que seguen intentando ter os elementos tradicionais e se arranxan con madeira, segundo o material no que foron construídos:
É por iso que o contraste choca certamente para o visistante ao Campo das Graneiras:
O máis sorprendente para nós, foi saber que nese lugar había outro hórreo máis. Que pasou con el? Pois que foi trasladado a outro sitio do concello de Rianxo. Adiviñades a onde? Pois nin máis nin menos que á parte de atrás do Museo do Mar de Rianxo, segundo nos comentou o veciño co que falamos.
A que non vos imaxinabades que esta graneira estaba antes en Leiro?
Unha resposta a “O Campo das Graneiras de Meiquiz (Leiro)”