Imos acabar hoxe a serie fotográfica da Semana Santa rianxeira 2014, coas fotos do Desencravo celebrado o venres pola tarde na Praza de Rafael Dieste.
Unha das anécdotas foi cando os cofrades baixaron antes de tempo ao Cristo xa fóra da cruz. O sacerdote que misaba, don Óscar, sorprendido de ver como baixaban polas escaleiras, preguntoulles se xa o levaran xunto da Virxe María. Como non fora así, tiveron que dar marcha atrás e xuntar nai e fillo.
Tamén sacamos fotos na procesión do Santo Enterro, a cal, por mor da choiva que se lle deu por caer durante o paso, houbo que acurtala drasticamente despois de pasar pola praza de Rafael Dieste.
Unha mágoa, pois era unha procesión moi lucida para as fotos e como non, para os centos de persoas que se achegaron á vila para poder presenciar o paso da procesión e mesmo participar nela.
Aí quedan as fotos que demos feito antes e mentras chovía.
Queremos dende aquí, por último, dar as grazas á Irmandade da Paixón de Cristo polo traballo que fixeron e por aturar aos fotógrafos, aínda que ás veces sexamos un pouquiño pesados, meténdonos por todos lados a sacar fotos 😉
Deixar unha resposta