En Leiro hai un estraño cruceiro, cunha figura ben rara. O caso é que ata hai ben pouco non sabiamos cal era o motivo, xa que orixinalmente a cruz de pedra tiña outra figura enriba.
O certo é que unha veciña nos contou que outro paisano do lugar lle tiña moita manía ao cruceiro que había no lugar. Un bo día, cruzáronselle os cables e decidiu tiralo. Como? Pois engancándoo co seu tractor.
O caso é que, non se sabe se por castigo divino ou que, no intento caeulle o cruceiro enriba, ata tal punto que quedou malferido e lle desfigurou o rostro por completo. De feito, polo que nos dixeron, o veciño segue vivo e nótanselle perfectamente as consecuencias do suceso.
Por outra banda, tamén quedou desfeita a figura do cruceiro. Outro veciño da zona, que sabe traballar a predra, intentou arranxala dándolle forma e quedou esa especie de Ecce Homo que se pode ver na actualidade.
Caros: no meu blogue tenho escrito algo sobre este cruzeiro e a vossa postagem vem a aclarar-me alguns aspectos. Porém, acho que ficou sem aclarar algo. Nas costas da imagem, que para mim tem mais aspecto de frade que de virgem, há uma cifra. Com a minha câmara só pude ler 188… Uma das vossas fotos certifica que os dois primeiros dígitos são 18… Eu acreditei que seria a época na que se fez a peça mas pela vossa informação semelha que não foi assim. Seria bom saber qual é a cifra certa.
A ver se un día volvemos por alí a falar cos veciños e lle podemos tirar algo máis da lingua para aclararmos o tema 🙂
A principios dos 70 aínda conservaba a capela, pois era un curceiro de capaela. Despois “sustituíuse” por unha cruz simple ata que un “un bo cristián” a cargou. Estivo varios anos só ca columna ata que lle puxeron, a mediados ou fins dos 80, esa merda que luce hoxe en día.