Queremos agradecer a José Luís do Pico Orjais que nos pasara esta imaxes a raíz do post sobre o cruceiro de Meiquiz. Pertencen a unha colección de fotografías realizada polo profesorado e polo alumnado do colexio Brea Segade de Taragoña.
Trátase de instantáneas realizadas antes do 2002, aínda que non sabemos a data concreta. De todos os xeitos, grazas a elas pode apreciarse claramente como eran as tres figuras roubadas.
Deixar unha resposta