O veleiro Joaquín Vieta en Rianxo

6 Xul

_MG_0656

Dende o 30 de xuño e ata o 5 de xullo estivo en Rianxo o historico veleiro Joaquín Vieta para uso e desfrute de quen quixera dar un pequeno paseo pola ría de Arousa. Nós non quixemos perder a oportunidade e embarcamos o venres nesta singular singradura que só poidemos desfrutar polo interior da ría, debido ó mar picado que tivemos esa tarde.

Ás seis en punto arrancamos do peirao deportivo de Rianxo e, despois dunha breve explicación da historia do veleiro (que para o vindeiro ano fará 100 anos da súa construción nos asteleiros do Freixo alá polo 1916), comezamos a navegar desfrutando das marabillosas vistas que se aprecian dende o mar.

_MG_0573 _MG_0577 _MG_0584 _MG_0588

Durante o percorrido tivemos ocasión de comprobar a magnífica condución duns pequenos capitáns que desfrutaron arreo levando o veleiro, con máis ou menos alegría dos maiores que por un lado enrabechamos coa sorte deles por poder levalo e, por outro, tivemos que soportar os meneos que nos metían…

_MG_0593 _MG_0595 _MG_0598 _MG_0603 _MG_0614 _MG_0623 _MG_0626 _MG_0628 _MG_0633 _MG_0636

Cando desembarcamos, dúas horas despois de partir, non quixemos pasar sen sacarlle a foto á homenaxe que en Rianxo hai ós mariñeiros caídos no mar.

_MG_0664

E, como non, deixámovos tamén o enlace ó blog coa historia do Joaquín Vieta: www.joaquinvieta.com/historia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: