Arquivo | cruceiros RSS feed for this section

Cruceiro da Praciña (Rianxo)

1 Feb

Velaquí unha foto do cruceiro da Praciña, en Rianxo.

O cruceiro das Tres Cruces

25 Xan

Aínda que xunto á estrada hai un cartel indicador que sinale que se trata do “Cruceiro das Trece Cruces” cremos que é un erro. Mirando noutras referencias en internet atopamos o nome do “Cruceiro das Tres Cruces”, que realmente se adapta máis a este conxunto. ACTUALIZACIÓN: como nos explica 6ferrados, na web do Concello explícase que o lugar onde está o cruceiro é o Cabo de Trececruces, de aí o seu nome.

Cristo sen pernas en Asados

15 Xan

En Asados podemos atopar este cruceiro antigo no que ao Cristo lle faltan as pernas. Unha mágoa, a verdade, que non chegase intacto ao día de hoxe.

Cruceiro xunto ao Goio

5 Xan

No lugar de Miráns (parroquia de Araño), a carón do río Té hai un lugar moi coñecido para irse bañar no verán, o Goio. Antigamente o lugar acollía unha especie de mercado de gando. Alí podemos atopar este cruceiro.

Cruceiro de Rañó

15 Dec

Na praza de Rañó, na parroquia de Leiro, podemos atopar este cruceiro.

Cruceiro en Abuín

1 Dec

No lugar de Abuín, na parroquia de Leiro, podemos atopar un cruceiro do que só quedan os restos. Unicamente queda o torso e o mentón do que semellou ser un Cristo crucificado. Unha mágoa que o noso patrimonio sufra así.

Cruceiro en Leiro, fronte á antiga casa reitoral

1 Set

Xusto na entrada do que era a antiga casa reitoral de Leiro, podemos atopar este cruceiro.

 

Cruceiro de Brión

1 Abr

Sen dúbida é o máis estraño cruceiro de todos cantos teño visto en Rianxo. O pé é dun cruceiro, pero a figura non é a típica. Non hai ningunha figura cristiá, nin virxes, nin santos nin Xesucristo na cruz. Só unha figura que lembra a certos pobos antigos, pero que non sabemos de cando pode datar.

Cruceiro de Rianxiño

1 Mar

Este é un cruceiro que podemos atopar en Rianxiño, bastante modermo visto o detalle das figuras, e que destaca sobre todo porque a Virxe estaba pintada, algo pouco habitual nos cruceiros.

O cruceiro da Laxe Pequena

2 Feb

En Taragoña, no lugar da Laxe, temos este fermoso cruceiro, seguramente o máis bonito e completo de todos os que podemos atopar no concello de Rianxo. Non só destaca a forma da capela, senón tamén os motivos representados nos laterais: Santiago Matamouros, San Francisco e Xesucristo camiño do Monte Calvario. Polo que se comenta, debe ser do século XVI.