Aínda que xunto á estrada hai un cartel indicador que sinale que se trata do “Cruceiro das Trece Cruces” cremos que é un erro. Mirando noutras referencias en internet atopamos o nome do “Cruceiro das Tres Cruces”, que realmente se adapta máis a este conxunto. ACTUALIZACIÓN: como nos explica 6ferrados, na web do Concello explícase que o lugar onde está o cruceiro é o Cabo de Trececruces, de aí o seu nome.
Parece que Trececruces é o nome do cabo no que están ubicadas as tres cruces, que formarían parte dun Via Crucis Marítimo ao longo do Ulla/Ría de Arousa. Alomenos é o que aparece na web do Concello de Rianxo:
http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=226&idIdioma=2
“Ó longo da beira do río Ulla, tanto no Concellos de Rianxo coma no de Catoira, un Vía Crucis Marítimo conforma a Ruta Xacobea polo Mar de Arousa e Ulla, que a través da Ría de Arousa ascend polo río Ulla ata Padrón. Estas tres cruces forman parte do Via Crucis. Están situadas no Cabo de Trececruces, na ladeira do Monte Palleiro. É un lugar solitario e impresonante dende o que se domina toda a bocana do río Ulla e o seu curso pola parroquia de Isorna.
A cruz central aséntase sobre a pedra, ten pedestal cuadrangular rematado en chafráns, fuste octogonal cadrado na base e que presenta unha imaxe de Santiago Peregrín. O capitel é octogonal co astrágalo octogonal liso, co ábaco de lados curvos e vértices chafranados, adornado con volutas, follas e a Cruz de Santiago. A cruz é de sección octogonal con remates cuadrangulares. O cristo crucificado inclina a cabeza cara adiante, ten as mans pechadas, coroa de espiños e cartela de INRI. A Virxe está en actitude de orar, coas mans en cruz sobre o peito e situada en peana de esfera terrestre.
As cruces lateráis son simples crucifixos de sección octogonal, brazos florenzados e capitel figurado sobre pedestal troncopiramidal.
Graciñas pola explicación. A verdade é que o descoñecía, pero ten sentido 🙂