O cruceiro en Taragoña expropiado do dominio público

27 Ago

Este cruceiro está moi preto do centro sociocultural de Taragoña aínda que dentro dunha finca privada, como se pode ver na imaxe. É un fermoso cruceiro de capela:

cruceiro1

Grazas aos vosos comentarios, puidemos saber que antes estaba en dominio público. Estaba metro e medio fóra da finca, e o dono da finca apropiouse del no ano 1970. Alucinante que calquera persoa poida facer iso co noso patrimonio, e aínda por riba á vista de todo o mundo.

cruceiro2

Advertisement

7 Respostas a “O cruceiro en Taragoña expropiado do dominio público”

  1. Tarrío 08/27/2013 ás 23:34 #

    Expoliado polo dono da finca, xa que o cruceiro estaba un metro e medio fóra da misma.

  2. IGNOVRE 08/28/2013 ás 08:31 #

    Efectivamente, éste cruceiro estivo ate o ano 1970 no dominio público . Logo , nesa fecha , os propietarios da finca colindante adonáronse del indevidamente .
    Non deixa de ser curioso o comentario que a ” súa ” dona lle fixo ós membros do SEPRONA – 0 24 de Setembro do 2.009 – logo de manifestar que non tiña ningún documento de propiedade referente ó dito monumento pétreo , suliñou que ” si os veciños queren o citado cruceiro que llelo quiten da ” súa ” propiedade , posto que ela non quere a ninguén adorando o cruceiro nin poñendo candeas na ” súa ” propiedade .

    No que se refire á actitude do Patrimonio referente a este cruceiro é de lástima . Rir por non chorar !!!

    • fotosderianxo 08/28/2013 ás 14:18 #

      Graciñas polo comentario. Non o sabía a verdade e paréceme un dato moi interesante. Vouno incorporar ao post.

  3. Carlos Henrique Fernández Coto 08/28/2013 ás 14:34 #

    Que un cruceiro fique dentro dun predio privado non significa que sexa patrimonio do/a dono/a da leira.. : Segundo establece a lexislación sobre Patrimonio, os cruceiros e hórreos con máis de 100 anos son BIC (bens de interese cultural), é dicir, Patrimonio de tódolos galegos..
    É máis, se está dentro da leira e non se pode acceder, mediante o denominado “acción pública”, calquera cidadán pode esixir, por medio do Director Xeral de Patrimonio, que o dono da leira manteña en perfectas condicións o cruceiro ou un hórreo..

    Hai outras cousas que debemos saber:

    – Limpar ese Cruceiro con chorro de auga a presión debe ser denunciado.

    – O novo Código Penal establece o concepto de Delicto contra o Patrimonio.

    Para calquera dúbida, podédesma consultar.

    Apertas,

  4. VISTA REAL TAMEN EXISTE . 08/31/2013 ás 22:51 #

    E non solo neste caso se apropiaron deste ben patrimonial . O Libro-Documento coñecido na aldea e arredores co nome de ” O PRORRATEO DE IÑOBRE ” tamen se encontra secuestrado po-los mesmos ” donos ” que se apropiaron do citado cruceiro ; denominado ” das NEVES ” ( por sela imaxe da Virxe que acolle no interior da súa capeliña ) ou sinxelamente ” CRUCEIRO DE IÑOBRE ” .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: