Grazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.
O monte de Punta Palleiro ao fondo.
E aquí xa imaxes do porto de Leiro.
Velaquí a praia de Leiro, moi preto da cal se atopou o casco de ouro.
Aquí as típicas construcións de pescadores que, a verdade, son bastante feas 😦
Comentar que ao londo do noso percorrido, vimos moita xente pescando.
As luces do atardecer e as liñas da costa deixáronnos imaxes impagables.
Velaquí a zona de Sobrido, en Leiro.
E aquí os aventureiros pasando o tempo 🙂
Esta é a Punta Penouseira.
E aquí tedes a praia de Abuín. A marea, como se pode ver, estaba moi alta.
A altura da Pedra do Sal.
E aquí xa moi preto da praia das Cunchas. De novo, máis xente pescando.
E aquí xa coa praia das Cunchas á vista.
Aquí á altura da Punta do Castro.
De novo outro areal, neste caso o do Porrón.
De novo fermosas estampas da ría antes de chegada a noite.
E aquí un estraño montículo de pedras.
Aquí o lugar da praia de Tronco, totalmente oculta pola marea chea.
A piques de alcanzar Tanxil.
Aquí xa na metade, co dique de Baltar ao fondo.
E aquí mo preto do porto de Rianxo.
De fondo, o náutico.
Velaquí algunhas imaxes do skyline da vila de Rianxo.
E xa, para rematar, a ponte sobre o río Té, na praia da Torre.
Deixar unha resposta