A pesar das previsións de chuvia para este venres en Rianxo, na praza de Castelao o único que choveron foron litros e litros de alcol. Nada máis entrar no Campo xa chegaba o olor a viño tinto. As peñas ían inundando o lugar, con ganas de dar comezo a unha das festas máis importantes de Galicia. É o caso de Perdoa… estaba borracho, que cada ano nos sorprenden e diverten coa súa idumentaria e posta en escea.
Fotos das festas da Guadalupe 2014: o chupitaso
13 Set
Un ano máis, comezaron as festas da Guadalupe. Neste 2o14 botamos a andar coa ameaza de algo de chuvia. Pero no chupitaso medo de mollarse non había, porque os centos de mozos que estaban na praza de Castelao o que tiñan era ganas de que comezase a festa para tirarse auga e viño.
Fotos das Festas da Guadalupe 2011: o chupitaso
11 SetUno máis os rianxieros comezamos estas Festas da Guadalupe de Rianxo 2011 con moitas ganas. Infinidade de xente nova na praza de Castelao tiña ganas de despedir o verán como se merece e todo o mundo estaba desexando que soara o chupitaso e comezara a festa. Ao pregón creo que cada vez se lle fai menos caso, aínda que este ano o escritor Anxo Angueiro o traballou moito. Pero os máis novos están para outras cousas e cada vez o chupitaso é máis unha mestura entre a festa da auga e a do viño, e mesmo hai pistolas de auga e todo. Ademais, é raro estar no Campo de Abaixo e non rematar mollados.
Velaquí algúns momentos do chupitaso.
Fotos da Guadalupe de Rianxo 2010: o chupitaso
4 OutComo cada ano intentarei poñer aquí un relato exhaustivo do que foron as festas de Rianxo deste ano. E fareino por orde cronolóxica, así que hoxe toca comezar co primeiro día, co venres do chupitaso.
NOTA: se alguén quere o orixinal dunha foto na que saia ou se sinte molesto porque aparece aquí, que me escriba ao correo que teño indicado en Info.