Fotos das festas da Guadalupe 2014: o chupitaso

13 Set

chupitaso 008

 

Un ano máis, comezaron as festas da Guadalupe. Neste 2o14 botamos a andar coa ameaza de algo de chuvia. Pero no chupitaso medo de mollarse non había, porque os centos de mozos que estaban na praza de Castelao o que tiñan era ganas de que comezase a festa para tirarse auga e viño.

chupitaso 001

De novo puidemos ver xente con moitas ganas de pasalo ben e con atuendos que xa deixaban ben ás claras que chegan días de festa, no que o importante é a diversión.

chupitaso 002

Este ano, coido que con moi bo criterio, non se realizou o pregón no día do chupitaso. Os mozos a verdade é que están para outra cousa. E o ano pasado, por poñer un caso, foi unha mágoa que Carlos Blanco non puidese ler o seu pregón porque pouca xente lle facía caso. Así que o chupitaso é para o que é. E o pregón pasa para o sábado ao mediodía, xa con outro ambiente.

chupitaso 004

Antes do chupitaso, comezou falando o alcalde, Adolfo Muíños. Seguiulle o presidente da comisión de festas, o Xixí. Para remataren os reponsables da Comisión de Festas das Juadalupeñas, que leron un a un o nome das peñas presentes na praza.

chupitaso 005

Xa co chupitaso, a praza, que xa cheiraba a viño, mollouse aínda máis se cabe, como cando na Fórmula 1 se celebra un trunfo. Ou como cando se descorchan botellas de champán en fin de ano.

chupitaso 009

Os DJs comezaron a tocar, primeiro temas de pachagueo e merengues, para pasar, pouco a pouco, a temas máis dance e electrónicos.

Xa vedes que, para moitos, a Guadalupe é realmente a Juadalupe Fashion Week.

chupitaso 010 chupitaso 012

 

Algún xa viña con flotador, non fora ser que chovese viño de máis: chupitaso 013 chupitaso 017 chupitaso 018 chupitaso 019 chupitaso 021

Velaquí celebrando o inicio da Guadalupe: chupitaso 025 chupitaso 026

A auga tampouco faltou. Que non se diga que só en Vilagarcía saben mollarse: chupitaso 034 chupitaso 035 chupitaso 036 chupitaso 037 chupitaso 038 chupitaso 040 chupitaso 044 chupitaso 051 chupitaso 053 chupitaso 055

A xente emocionábase e abrazábase co inicio das festas. Hai que pensar que para moitos son as vacacións do ano e vese a xente que no se ve en meses: chupitaso 057 chupitaso 061 chupitaso 063 chupitaso 064 chupitaso 065 chupitaso 067 chupitaso 068 chupitaso 069 chupitaso 070 chupitaso 072 chupitaso 074 chupitaso 076 chupitaso 086 chupitaso 087 chupitaso 088 chupitaso 092

Advertisement

3 Respostas a “Fotos das festas da Guadalupe 2014: o chupitaso”

  1. pepe 09/14/2014 ás 07:36 #

    Os Dj non tocan, danlle ” play ” a un archivo que traen feito da casa. Penoso non levar música en directo en un pobo cheo de músicos

Trackbacks/Pingbacks

  1. Todas as fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014 | Fotos de Rianxo - 09/29/2014

    […] Fotos do chupitaso […]

  2. Datos do blog no 2014 | Fotos de Rianxo - 01/01/2015

    […] e crónica da II Marcha BTT de Rianxo (2.029 visitas) 2. Fotos das festas da Guadalupe 2014: o chupitaso (1.736 visitas) 3. Malestar en Asados por un cartel (1.623 visitas) 4. Fotos das festas da […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: