O último día concentrouse todo en Rianxo: fogos de artificio, o Rianxo on fire, as bengalas e moita festa. Velaquí un pequeno resumo de todo.
Dende última hora da tarde e ata as 6 da mañá, xunto ao Parque Galicia, tivo lugar o festival de música alternativa Rianxo on Fire, onde estiveron moitos mozos.
Á 1 da madrugada, despois de seren aprazados polo mal tempo uns días antes, tiveron lugar os fogos artificiais no porto.
E ás 2 da madrugada, todos no Campo para cantar a Rianxeira. Iso si, este ano sen demasiados agobios. Todo o mundo coincidiu en que había moita xente, pero menos que outros anos e que se estaba moi ben na praza, sen apretóns nin empurróns.
Velaquí o selfie que fixeron dende o palco da orquestra Cinema, con Moncho o Xixí:
E aquí podemos ver como estaba a praza de Castelao con xente ás 4 da madrugada:
E aquí sobre as 5:20 horas:
Cando faltaban 20 minutos para as 7 da mañá, pola nosa parte fomos tomar o chocolate con churros ao Braisa a coller forzas para o pouco que quedaba de noite 🙂
E aquí tedes unha imaxe xa do último pase, ás 7.30 horas:
No Campo semellaba que houbera unha batalla campal, xa que moita xente segue sen recoller o lixo que xera:
E aquí xa tedes o día, ás 8:20 da mañá:
Ás 8.30 aínda quedaba moita xente con ganas de troula:
Pero todo o bo se acaba. Neste caso a música rematou ás 8.45 horas. A xente das orquestras tiña que seguir traballando, como o camioneiro da Triunfo, a quen parou un mozo:
Parece que collero por NORMA deixar o campo das festas cheo de merda o ultimo dia. Eu opino que cada un deixe merda na porta da sua casa porque, mais da mitade deses que deixan merda, non son de Rianxo. ASI QUE AS FESTAS FANCE POS DE RIANXO AXUNTAMENTO. E NON PA FACERLLE A GRACIA OS QUE VEÑEN A MANCHAR. CON UNHA DUCIA DE SEGURATAS TIÑAN TODO RESOLTO. gracias