Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o feirón mariñeiro

23 Set

feiron 1 001

Un dos días máis esperados por todos os rianxeiros nas festas da Guadalupe é o feirón mariñeiro. Semella que leva toda a vida celebránse, pero van 12 edicións deste popular evento que reúne a todos os veciños polas rúas da vila, comentando, cantando, bailando, comprando e desfrutando do día.

feiron 1 002

De novo o mal tempo fixo que por segundo ano consecutivo o feirón se trasladase do xoves ao domingo. E a pesar das críticas dalgúns, de novo volveu ser un éxito, xa que o feirón semella triunfar en calquera día que se poña. Agora, que saia o sol e se poida estar a gusto nas rúas agradécese un montón.

De feito, dende primeira hora mesturábase a xente ataviaba para a ocasión co outro feirón, o do mercadillo que hai na praza de Castelao. Tiñamos xa ganas de botar todo o día na rúa e despedir as festas en condicións despois de días de tan mal tempo.

feiron 1 011

O curruncho adicado á historia de Rianxo a través das súas xentes volveu ser un dos puntos de encontro, onde poder ver como cambiamos, que cousas se conservan, como celebraba a xente antes as festas, como se traballaba, como se foi transformando a localidade…feiron 1 013 feiron 1 014 feiron 1 016 feiron 1 018

feiron 1 022 feiron 1 023 feiron 1 024

E no medio da vila os postos distribuíanse ao longo das rúas e prazas. Alí, curiosos e compradores puideron desfrutar sobre todo de elementos de artesanía e comida.

feiron 1 025 feiron 1 026 feiron 1 028 feiron 1 030 feiron 1 033 feiron 1 036

Os máis novos puideron aprender incluso oficios case esquecidos ou que habitualmente non temos o pracer de poder ver de primeira man. feiron 1 039 feiron 1 040 feiron 1 042 feiron 1 045 feiron 1 046 feiron 1 048 feiron 1 054 feiron 1 055 feiron 1 056 feiron 1 063 feiron 1 066 feiron 1 067 feiron 1 068 feiron 1 069

Pero o que caracteriza o feirón é sobre todo as ganas de pasalo ben dos veciños. Todo o mundo que sabe tocar algo sae á rúa cun instrumento para desfrutar e facer desfrutar os demais. feiron 1 071 feiron 1 074 feiron 1 075 feiron 1 077 feiron 1 080 feiron 1 082 feiron 1 083 feiron 1 085 feiron 1 087 feiron 1 090 feiron 1 093 feiron 1 095 feiron 1 096 feiron 1 097 feiron 1 098 feiron 1 100 feiron 1 102 feiron 1 103 feiron 1 105 feiron 1 107

Como se pode apreciar na imaxe, a medida que transcorría a mañá a xente ateigaba o feirón. feiron 1 111 feiron 1 112 feiron 1 113 feiron 1 114 feiron 1 115 feiron 1 117 feiron 1 118 feiron 1 122 feiron 1 124 feiron 1 125 feiron 1 128 feiron 1 129 feiron 1 131 feiron 1 133 feiron 1 134 feiron 1 136 feiron 1 137 feiron 1 141 feiron 1 143 feiron 1 145 feiron 1 147 feiron 1 152 feiron 1 153 feiron 1 157 feiron 1 158 feiron 1 162 feiron 1 164 feiron 1 170 feiron 1 191 feiron 1 192 feiron 1 193 feiron 1 199 feiron 1 201 feiron 1 202 feiron 1 203 feiron 1 205 feiron 1 208

Moitos aproveitaron para comer tamén no medio das rúas e prazas, ao aire libre, desfrutando do bo tempo e do ambiente inmellorable. IMG_1106 IMG_1107 IMG_1108 IMG_1109 IMG_1110 IMG_1112 IMG_1113 IMG_1115 IMG_1117 IMG_1118 IMG_1119 IMG_1122 IMG_1123 IMG_1130 IMG_1131 IMG_1133

Iso si, algún precisaba dunha boa soneca para recuperar folgos.
IMG_1134 A tarde avanzaba e os rapaces podían desfrutar dos obradoiros de artesanía dos diferentes postos. IMG_1136 IMG_1138 IMG_1139 IMG_1141 IMG_1142 IMG_1143 IMG_1145 IMG_1148 IMG_1151 IMG_1152 IMG_1154 IMG_1155 IMG_1156 IMG_1159 IMG_1162 IMG_1163 IMG_1164 IMG_1166 IMG_1167 IMG_1168 IMG_1170 IMG_1172 IMG_1174 IMG_1176 IMG_1178 IMG_1180 IMG_1182 IMG_1187 IMG_1188 IMG_1192 IMG_1195 IMG_1197 IMG_1198 IMG_1202

Na praza da Igrexa todo estaba preparado para a noite folk. IMG_1204 IMG_1209 IMG_1211 IMG_1212

Pero a xente ía tirando para a praza da Manuela, xa que alí estaban convocados todos os veciños ás 19.30 horas para tocar en común. IMG_1213 IMG_1215 IMG_1216 IMG_1217 IMG_1218 IMG_1219 IMG_1221 IMG_1222 IMG_1223 IMG_1225 IMG_1226 IMG_1228 IMG_1229 IMG_1232 IMG_1233 IMG_1235

Un dos temas que non faltou foi A Camposa, dos Rosales. Non só se tocou con enerxía, senón que se bailou a rabiar. IMG_1238 IMG_1241 IMG_1242 IMG_1246 IMG_1250 IMG_1253 IMG_1254 IMG_1256 IMG_1257 IMG_1259

Soou tamén A Rianxeira, como nón, e o Pájaro Pinto. IMG_1261 IMG_1263 IMG_1265 IMG_1267 IMG_1271

Foi máis de media hora de non parar. IMG_1275 IMG_1276 IMG_1284 IMG_1285 IMG_1287 IMG_1288 IMG_1289 IMG_1290 IMG_1296 IMG_1300 IMG_1304 IMG_1308

A noite ía chegando, e na praza da Igrexa tocaba o grupo Río Anxo. IMG_1310 IMG_1313 IMG_1316 IMG_1318

Mentres que ás 21.30 horas, ao lado do Auditorio comezaba a actuación de Aché, que tocou para gañarse un posto na Guadalupe 2016, onde agardamos poder estar outro ano máis con todos vós 😉IMG_1330 IMG_1331

Advertisement

Unha resposta a “Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o feirón mariñeiro”

Trackbacks/Pingbacks

  1. 150.000 visitas durante o 2015 | Fotos de Rianxo - 01/03/2016

    […] Fotos das Festas da Guadalupe 2015: o feirón mariñeiro: 3.103 visitas […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: