Aínda que habitualmente non tratamos eventos sociais neste blog, a verdade é que hoxe en Rianxo non se falaba doutra cousa que non fora a voda de Eva Iglesias, a coñecida colaboradora do Land Rober. E xa era máis que coñecida por todos polo seu traballo en varias orquestras (Abanico, Cinema e Marbella) e que na pequena pantalla tamén actou na serie “Augasquentes”. Antes foi a gañadora de “Canteira de Cantareiros” no Luar.
Como vedes, á unha do mediodía na praza da Igrexa ou de Rafael Dieste había moita xente pendente da chegada de Eva. Facía uns 20 graos, así que todo o mundo se poñía do lado da sombra.
Non sabemos se se alugaron balcóns ou non, pero a xente das casas próximas si que aproveitaron as súas privilexiadas vistas para estar pendentes do momento.
Todo o mundo estaba pendente de calquera movemento. Víanse pasar convidados, pero nada da parella.
O primeiro famoso en aparecer foi precisamente o “xefe” de Eva. O presentador do Land Rober e humorista Roberto Vilar.
Roberto, natural do norte de Lugo, en Xove, non parou de saudar a todos os asistentes.
Pensamos que estivo pendente dos balcóns, para ver se realmente se alugarían ou non. En todo caso, a xente non parou de aplaudir e chamar por el, aínda que sen molestalo.
Cinco minutos máis tarde, chegaba á igrexa de Rianxo o tamén humorista e compañeiro de moitos sketchs no programa da TVG, Xosé Antonio Touriñán.
O actor, natural de Carral, aínda que pareza mentira é moito máis tímido que o resto de compañeiros do Land Rober. Os veciños non pararon tampouco de aplaudir ao seu paso e corear o seu nome, dando mostras así do cariño que teñen aos seus personaxes televisivos.
Aquí podemos ver a Touriñán saudando a nai de Eva.
Esperando pola chegada dos noivos, había varios convidados, moitos deles veciños do concello de Rianxo.
Pasados varios minutos da 1 do mediodía, chegaba o mozo, Roberto.
E 10 minutos máis tarde, chegaba a protagonista principal do evento social, a rianxeira Eva Iglesias.
Os veciños, ao vela, non pararon de chamala guapa e de aplaudir. O padriño tamén levou varios piropos.
Dando mostra do seu natural desenfado, Eva mandou bicos e saúdos a todos os curiosos que se achegaron ao pé da igrexa de Rianxo.
ACTUALIZACIÓN:
Compartimos unhas imaxes sacadas polo Coro Son de Boiro dentro da Igrexa:
Bonitas fotos pero faltanos nas bodas de Rianxo a sempre presente e inmortal
Andrea!!!!
Fermosa fermosa esa noiva e maila madriña. Destacan! Os demáis tamén. Felicidades parella.
ME ENCANTA LAND ROBER NO SOY GALLEGA PERO SIEMPRE LO VEO Y EVITA ME PARECE GENIAL ESTABA PRECIOSA Y ESE DÍA ES EL DÍA QUE TODA MUJER MERECE .GRACIAS
A noiva Fermosa non, o seguinte, pero sin coñecela personalmente, opino que transmite unha sensación de ser unha gran persoa.