Todo o bo se acaba. Por iso a noite máis festeira e máis triste do ano, chegou á Guadalupe. O momento no que miles de gorxas cantamos a Rianxeira. E a noite na que despedimos as festas.
Como cada ano, sempre se di iso de “parece que hai menos xente”. Pero á hora máxica, ás 2 da madrugada, miles de almas reúnense na praza de Castelao para cantar a Rianxeira, iluminadas as notas polas luces de milleiros de bengalas.
Velaquí o vídeo dese momento, cos fogos de artificio do final:
Nas seguintes imaxes repasaremos como transcurriu a noite. Aquí ás 5.30 horas, xusto cando comezou a chover de xeito feble:
Aquí ás 6.20 horas, coa xente animada a pesar da chuvia que xa non paraba:
Aquí ás 7 da madrugada:
E aquí xusto cando comezaba o seu último pase a orquestra Alkar:
Aquí xa ás 8 da mañá, cando abría o día:
E aquí un can que tamén viviu a festa toda a noite:
E aquí o remate da festa, ás 8.35 horas. Como vedes, moitos valentes que aguantaron ata o final:
E para rematar, a imaxe non tan bonita da festa. E iso que había contedores a esgalla:
Deixar unha resposta