Xa coñecemos unha das novidades de cara á celebración do ano que vén da Guadalupe de Rianxo. A Comisión de Festas da Guadalupe, de cara ás festas de 2020, un curso para aprender a usar os contedores de lixo.
“Tivemos centos de comentarios nas redes sociais preguntando que eran esas cousas verdes que había polo medio do Campo. Vista a demanda e a dificultade que pode ter para moitos este elemento, promoveremos un curso para que a xente que veña á festa”, afirma un dos membros da Comisión.
Romualdo Martínez é precisamente unha das persoas que escribiu no Facebook das Festas da Guadalupe demandando información. “Eu pensei que esas cousas verdes cadradas con rodas se usaban só para as carreiras no luns das Juadalupeñas. Así que ao velos despois, no Campo, preguntei para que servían”, explica.
Pola súa banda, Celestino Silveira indicaba en Instagram a sorpresa por este curso. “Xa di o refrán que nunca te acostarás sen saber unha cousa máis. Eu e máis os colegas críamos que eran para mexar detrás deles”, sostiña.
Na Comisión de Festas comentan que xa teñen unha lista de espera con ducias de persoas apuntadas. “A iniciativa tivo unha acollida excelente. Desexan saber como usar os contedores. Moitos descoñecían que aí se pode botar o lixo. De feito, nas redes sociais dicíannos que non sabían que facer con el e por iso o deixaban no chan. Grazas a este curso, ábreselles unha nova perspectiva”, salientan dende a Comisión.
NOTA: se chegaches ao final do post, si, non fai falta dicir que está escrito na liña de El Mundo Today 😉
Deixar unha resposta