Aproveitan o último día das festas para aprovisionarse de bolsas

21 Set

lixo_bolsas

Varias veciñas da localidade de Rianxo aproveitan o último día das festas da Guadalupe para surtirse de bolsas. “Agora que as cobran no supermercado, pasar polo Campo é unha marabilla”.

Aproveitando que a primeira misa do sábado é ás 9 da mañá, un grupo de amigas quedou este ano para ir polo Campo e aprovionarse de bolsas. “Antes dábanche todas as que querías e agora pídenche 5 céntimos. É un roubo!”, asegura Edelmira Sousa.

lixo_bolsas2.png

Esta veciña de Rianxo manifesta a súa felicidade porque os mozos veñan cargados con bolsas o último día das festas. “Temos toda as que queremos: do Mercadona, do Froiz, do Eroski… Mira ti se serán importantes estas festas que ata as hai do Carrefour”.

Por outra banda, destacan a xenerosidade de algúns festeiros que tamén deixan bolsas isotérmicas e ata botellas sen acabar. “Eu collín unha de güisqui para botarlle por riba á tarta Contesa”, salienta Edelmira.

NOTA: se chegaches ao final, si, o post está escrito seguindo as estritas normas de rigorosidade xornalística de El Mundo Today.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: