Varios carriños de supermercado deambulan por Rianxo rematadas as festas

21 Set

carrito

A Asociación de Veciños de Rianxo emitiu un comunicado amosando a súa preocupación polos carriños de supermercado que estes días deambulan polas rúas da vila unha vez rematadas as festas. Están pensando en lanzar unha campaña titulada “Non os abandones. Eles non o farían”.

A alarma saltou o 22 de setembro, a primeira noite tras o remate das festas. Varios carriños reuníronse de noite, desconcertados, no Campo. “Ían dun lado para o outro, sen ter moi claro que facer”, manifestan dende a Asociación, onde están preocupados polo que vaia ser deles.

Pola nosa parte, decidimos falar cun destes carriños. Polo que nos contou, levaba unha vida pacífica no Mercadona. “Eu traballaba de 9 a 21.30h, facendo o típico: carretando cartóns de leite, froita, deterxentes… Era unha vida aburrida ata que uns días entraron uns mozos”. A partir dese momento todo cambiou.

En primeiro lugar porque o sacaron do supermercado. “De repente, para min foi descubrir un mundo novo. Vinme de repente no medio dunha peña: alí todo eran risas, pasalo ben, cantar La Cucaracha e ir dunha orquestra ata outra”, explica este carriño que prefire non indicar o seu nome.

Todo cambiou o último día das festas. “Unha vez que os de Alkar deixaron de tocar, quedei nunha esquina. Pensei que ían por chocolate con churros, pero non volveron aparecer”, salienta preocupado.

O carriño descubriu que non era o único afectado por esta situación. El e os seus compañeiros regresan agora, cada noite, ata o Campo coa esperanza de que volvan os membros das peñas.

NOTA: un pouco de humor nunca vén mal 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: